Barreiros acolle este sábado unha carreira e un festival de cores
Barreiros vive este sábado, 17 de agosto, a Holi Wave, un festival e carreira de cores, a partir das 18 horas, na zona de San Bartolo, en Remior, ao carón da praia. A festa inclúe un servizo de bar desde as 17 e animación musical con discoteca móbil. Repartiranse premios aos máis orixinais en tódalas categorías e á noite culminará a cita cunha gran cea popular.
Na web oficial do Holi Wave, www.holiwavebarreiros.com, os interesados atoparán máis información, pero os que queiran apuntarse á cea deberan retirar os tíckets no café bar Moderno, de San Cosme, na Barrica de Lorgi que está na praia de Benquerencia ou no Balcón de San Bartolo, no areal homónimo.
Trátase dunha proba de aproximadamente cinco kilómetros sen tiempo, onde os participantes serán rociados de pes a cabeza con diferentes pós de cores a cada kilómetro e ao final, celébrase unha festa. O colectivo Os Macanudos organiza a cita na que colaboran varias entidades, entre elas, o Concello.