Barreiros abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para crianzas
O Concello de Barreiros vén de abrir este martes, 16 de setembro, o período de inscrición para participar nas Escolas Deportivas Municipais destinadas a crianzas. Unha tempada máis, a iniciativa busca fomentar a práctica deportiva entre a rapazada a través dunha variada programación de actividades.
As clases desenvolveranse entre o 1 de outubro de 2025 e o 28 de maio de 2026, agás as disciplinas de skate e surf, que por razóns técnicas propias destas prácticas finalizarán antes, ou no caso do surf, o 30 de xuño de 2026.
A oferta deportiva abrangue seis modalidades: skate, karate, surf, atletismo, fútbol sala e patinaxe. Desde o Concello destacan que a programación está pensada para promover tanto a actividade física como a convivencia entre iguais, ao tempo que se fomenta un uso saudable do tempo de lecer.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 25 de setembro. A partir do 1 de outubro tamén se poderán formalizar novas solicitudes, sempre que queden prazas dispoñibles nas modalidades escollidas.