Baobab Teatro achega a Viveiro o seu espectáculo para viaxar a través da música e os contos

AMariñaXa
Baobab Teatro presenta Palabras este sábado a partir das 18.
12 Abr 2024

Baobab Teatro presenta Palabras este sábado a partir das 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. O espectáculo nace da necesidade de dar continuidade aos proxectos de investigación sobre a nosa lingua galega, Puño Puñete e Ris Nivel. Trátase dun espectáculo que, como os anteriores, permite viaxar a través da música, os xogos, os enredos e os contos tradicionais.

É unha peza para enredar, reír e bailar, un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos da casa, onde a palabra e os contos están presentes para introducirnos na tradición oral galega.

0.077589988708496