Baixan por segundo día os casos activos de coronavirus

TerraChaXa | AMariñaXa
Baixan por segundo día os casos activos de coronavirus que se sitúan en 1.116, once menos que onte e con 60 novos contaxios.
030620 PG_sesion2
9 Nov 2020

A provincia de Lugo volve baixar por segundo día consetivo os casos activos de coronavirus, que se sitúan en 1.116, once menos que onte. Malia este descenso producíronse 60 casos novos nas últimas 24 horas, con datos do Sergas, coma sempre das 18.00 horas do día anterior. Deste xeito, xa son 4.982 as persoas afectadas por coronavirus dende o mes de marzo.

Continúan aumentando eso si o número de persoas hospitalizadas. Hoxe son xa 58, sete máis que onte. Na UCI do Hula segue habendo catro persoas e 33 en planta (3 máis), 17 en Burela (3 máis) e 4 en Monforte (1 máis).

As boas novas, 69 persoas recibiron a alta polo que xa son 3.763 as persoas que superaron a enfermidade dende o inicio.

Pola contra 104 perderon a vida dende o principio, ningunha nas últimas horas.

Respecto ao mapa de alertas, en vermello seguen Lugo, Burela, Cervo, Viveiro e Chantada mentres que Monforte, que xa baixou en laranxa continúa nesta mesma situaación ao igual que Sarria, que empeorou nas últimas horas.

Ao nivel amarelo volve Monterroso e súmase Carballedo mentres que Xove e Pedrafitan saen da zona de alerta. Seguen nesta situación Outeiro de Rei, Palas, Guntín, O Corgo, Castroverde, Foz e Valadouro, así como As Pontes na Coruña.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18712496757507