Baixan de novo os casos activos na provincia pero soben os ingresos

TerraChaXa | AMariñaXa
Baixan de novo os casos activos pero soben os ingresos. As cifras volven aos parámetros da semana anterior tralo repunte de Vilalba
Captura de pantalla 2018 05 04 a las 10.38.36
21 Nov 2020

A provincia de Lugo experimentou nas últimas 24 horas unha baixa de casos activos, con 55 menos trala confirmación de 55 novos contaxios dende onte. Deste modo, as cifras volven aos parámetros da semana anterior tralo repunte do venres detectado na residencia de maiores de Vilalba e que afecta a 134 persoas.

O descenso de casos activos, que están en 1.139, estivo condicionada por un total de 110 altas que fan que o número de persoas que superaron a enfermidade esté situada en 4.576.

Pola contra volve aumentar a presión hospitalaria en tres persoas máis. Este sábado hai 5 persoas na UCI do Hula e 31 en planta (dous máis). Ademais 8 continúan no Hospital da Mariña e 6 no de Monforte (1 máis). Esto fai un total de 50 persoas ingresadas en toda a provincia.

GALICIA

Os casos activos de covid-19 en Galicia volveron a caer por baixo dos 9.000, a 8.978, o que supón 108 menos que a xornada anterior. Nestas 24 horas sumáronse 582 novos contaxios.

A presión asistencial descende lentamente en planta, con 438 persoas ingresadas, 34 menos que o día anterior; mentres que na UCI mantense con 96 persoas en coidados intensivos, unha menos que o venres.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas salvo en Pontevedra e Vigo, onde ascenden levemente, con sete casos máis na primeira (que ten un total de 1.242) e oito máis na segunda. Esta, con 2.388 pacientes coa infección activa, é agora a máis afectada da comunidade.

Sanidade notificou as últimas 13 mortes na tarde do venres o que fai que estean rexistrados desde o inicio da pandemia 1.132 defuncións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.080974102020264