Bacoi, en Alfoz, organiza a súa festa na honra a San Antonio

AMariñaXa
A parroquia de Bacoi, en Alfoz, organiza a súa festa na honra a San Antonio.
bacoi-alfoz
Foto de arquivo
19 Maio 2024

A parroquia de Bacoi, en Alfoz, organiza a súa festa na honra a San Antonio. A cita será o vindeiro 9 de xuño a partir das 13.00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú co dúo Epo-K que tamén amenizará a tarde.

Nesta xornada, que conta coa colaboración do Concello, tamén haberá unha comida popular con menú a base de xamón, empanada e croquetas de ibérico, costela asada, sobremesa, café e bebidas. Os interesados poden adquirir os tíckets ata o vindeiro 2 de xuño.

0.18430018424988