Avanzan o plan de xestión de polbo coas confrarías en Burela

AMariñaXa
O responsable autonómico acordou cos representantes do sector o traslado unha primeira versión do documento nunha vindeira reunión
Pesca-reunión-federacións-confrarías
9 Out 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo un encontro cos representantes das federacións de confrarías de pescadores provinciais e autonómica co obxectivo de avanzar no deseño do próximo plan de xestión do polbo. Así, o responsable autonómico explicou ao sector o traballo que vén realizando desde o seu departamento para elaborar un borrador no que se recolla aspectos como os meses de parada da actividade extractiva, o número de nasas autorizadas, o número de quilos e outras medidas de carácter técnico.

O responsable autonómico acordou cos representantes do sector o traslado unha primeira versión do documento nunha vindeira reunión co obxectivo de estudalo e recoller as aportacións que se consideren precisar por parte dos profesionais de cara a versión definitiva. Cómpre recordar que nos últimos anos estase a observar cambios no comportamento desta especie polo que resulta preciso realizar axustes do plan de xestión co obxectivo de realizar unha xestión o máis eficiente e sostible posible do recurso.

0.16769504547119