Avanzan as obras da tirolina da Pontenova

AMariñaXa
Avanzan as obras da tirolina da Pontenova xa que nesta última semana remataron os traballos da zona de saída para poder colocar os piares.
obras tirolina pontenova piares
22 Nov 2021

Avanzan as obras da tirolina da Pontenova xa que nesta última semana remataron os traballos da zona de saída para poder colocar os piares. A tirolina terá unha dimensión de 330 metros de lonxitude e 50 metros de altura que unirá a mina Consuelo e o forno Boulloso.

Así, continuarán as obras da que será unha das tirolinas máis longas de Galicia e que contará cunha achega da Deputación de 300.000 euros para a súa construción.

O complexo histórico-recreativo da mina Consuelo-Boulloso será máis que un parque de aventuras. Está pensado para que as persoas vivan unha experiencia única, con encanto, un espazo para o lecer integrado na natureza e que aproveita o legado mineiro da vila para o goce dos visitantes dende múltiples puntos de vista: cultural, deportivo, educativo e recreativo.

A tirolina recrea o antigo funicular aéreo da mina e será un elemento máis dentro dun conxunto de actividades enlazadas entre si. Agárdase que sexa unha experiencia moi atractiva e que se construirá ata 50 metros por riba do chan e terá máis de 330 metros de lonxitude, sendo unha das tirolinas máis grandes de Galicia. Atravesará o río Turia, cruzando da ladeira da mina Consuelo ata a mina do Boulloso. 

A espeleoloxía, xunto co sendeirismo, tamén serán outras das actividades que se fomentará no novo complexo.

“Penso que esta tirolina se vai consolidar como un referente do ocio activo e familiar na provincia, pero tamén fóra nas nosas fronteiras. Polo tanto, vai situar nun novo nivel á xa moi interesante oferta turística da Pontenova”, dixo o presidente da Deputación na súa visita á zona. 

Concretou, así mesmo, que é “singular” pola súa localización, “xa que contribúe a recuperar para o ocio e o desfrute dos veciños e visitantes a ruta que facían as vagonetas con mineral das vellas minas da comarca. Deste xeito, unimos ocio e cultura, impulso do turismo e promoción da nosa historia”, afirmou Tomé Roca.

obras tirolina pontenova piares 2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20521688461304