Autorizado o Concello de Viveiro para o acondicionamento de dúas vivendas no barrio de Grallal, en Covas

AMariñaXa
O teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o día 28 de decembro a Gala de Maxia a partir das 20.30 horas para desfrutar da mellor ilusión
concello de viveiro casa consistorial 2022
26 Sep 2023

O Concello de Viveiro vén de recibir a necesaria autorización da Axencia Galega de Infaestruturas (AXI), para o acondicionamento de dúas vivendas que se atopan ao carón da estrada no barrio de Grallal, en Covas.

Nun primeiro momento  concello tivo que iniciar primeiro un longo procedemento para desaloxar a un transeúnte que residía alí, un proceso xa rematado.

Posteriormente, abriu un proceso de execución subsidiaria ao non conseguir contactar coas persoas propietarias dos inmobles, pero trátase de expedientes de tramitación longa.

O Concello xa ten planificadas as obras nos dous inmobles, que consistirán, entre outras tarefas, na limpeza das cubertas, substitución de canalóns e baixantes, retirada de carpintería exterior danada e colocación no seu lugar dun taboleiro, actuacións nos balcóns, limpeza e pintado de fachadas, e tarefas de mantemento nas fincas. Adxudicaranse a curto prazo.

0.17556095123291