Aurora Marco presenta o seu novo libro en Xove
AMariñaXa
Aurora Marco presenta o seu último libro 'Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galego'
5 sep 2024
Aurora Marco presenta este venres o seu último libro 'Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galego', de Alvarellos Editora, no Lugar das Marías (A Rigueira-Xove). A obra foi finalista nos Premios Follas Novas como un dos mellores ensaios de 2023, premio que co que autora xa fora galardoada en 2021 coa obra 'Irmandiñas'. A cita terá lugar a partir das 20.00 horas na Rigueira no marco do programa "Contos con café á italiana" que promove o Lugar das Marías e que contará con varias autoras ao longo de 2024.