Augaxosa arranca as súas festas con polbo e churrasco de balde
TerraChaXa | AMariñaXa
A localidade de Augaxosa, en Riotorto, inicia as súas festas este venres cunha cea a base de polbo, churrasco, xamón cocido e sobremesa a partir das 21.
14 Sep 2023
A localidade de Augaxosa, en Riotorto, inicia as súas festas este venres cunha cea a base de polbo, churrasco, xamón cocido e sobremesa a partir das 21.30 horas. Non faltará a verbena para abrir a celebración, a cargo da orquestra Magos e DJ Billy.
O sábado terá lugar a tradicional feira de gando, na que volverán repartirse premios. Esta arrancará ás 9.30 e contará con pasarrúas a cargo dun grupo de gaiteiros durante a mañá.
Ás 13.00 horas haberá misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo do grupo Supestar, que tamén fará a verbena a partir das 23.00 horas.
O domingo 17 repetirase o oficio relixioso e a sesión vermú de fin de festa estará amenizada polo dúo Venus.