Atopados en Ribadeo os restos dunha barca medieval de pasaxe

AMariñaXa
A campaña arqueolóxica no porto de Ribadeo vén de descubrir un achado excepciona, unha barca medieval de pasaxe
restos barca medieval Ribadeo1
30 Ago 2022

Trátase dunha peza lonxitudinal de madeira labrada en forma de L, que estaba profundamente incrustada no sedimento.

A campaña arqueolóxica no porto de Ribadeo vén de descubrir un achado excepcional que permite por primeira vez vincular o mito xacobeo a un elemento material de transporte empregado na peregrinación a Compostela.

Trátase dunha peza lonxitudinal de madeira labrada en forma de L, que estaba profundamente incrustada no sedimento e que é parte dunha barca medieval de pasaxe que tería a súa base en Ribadeo, aínda que non se descarta que pertencera á ribeira asturiana. 

Os estudos determinan ademais que se trata en concreto de todo o costado e o pantoque da embarcación -a parte inferior case plana– monóxila, e que foi construída entre os anos 1050 e 1260 da nosa era. Era utilizada para cruzar a ría en lugar de facer un rodeo ata Vegadeo ante a ausencia de pontes.

O porto de Ribadeo foi canle de entrada de peregrinos debido á súa vinculación a San Julián o Hospitalario e á creación dun hospital para atendelos. Na Légende de Saint Julien, escrita cara a 1260, Julián aparece como peregrino a Santiago e outros santos lugares tras escapar da súa casa en Angers. É precisamente a este momento ao que corresponde a datación obtida polos análises de carbono 14 realizados.

restos barca medieval Ribadeo2
0.20194911956787