Atopada unha manda de cabalos na parroquia de Moucide do Valadouro

AMariñaXa
O Concello do Valadouro vén de dar aviso de que atoparon unha manda de cabalos na Parroquia de Moucide que supoñían un perigo á circulación.
cabalos valadouro
17 Abr 2021

O Concello do Valadouro vén de dar aviso de que atoparon unha manda de cabalos na parroquia de Moucide que supoñían un perigo á circulación na LU-162.

Así, capturáronse e dando cumprimento ao Real Decreto 142/2012 do 14 de xuño atópanse nunha leira particular custodiados polo propio Concello durante o prazo de 6 días.

Transcorrido o prazo indicado sen que se persone o dono dos animais, procederase a poxa publica nos termos que se anunciarán polo Concello do Valadouro.

0.15536999702454