Ata o 3 de agosto está aberto o prazo para solicitar as axudas para comedor, estancia e transporte escolar de Xove

AMariñaXa
Ata o 3 de agosto está aberto o prazo para solicitar as axudas para comedor, estancia e transporte escolar no Concello de Xove
estudante oficina mozos
10 Xul 2023

Ata o 3 de agosto está aberto o prazo para solicitar as axudas para comedor, estancia e transporte escolar no Concello de Xove. Para formalizar as solicitudes haberá que facelo presencialmente no Departamento de Servizos Sociais, ou ben a través da Sede Electrónica.  Toda a documentación necesarioa está colgada na páxina web do Concello.

Para os gastos de comedor para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios.

No tocante aos gastos de estancia para estudantes universitarios en universidades españolas, os de ciclos formativos que non existan na comarca, os de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores, e os gastos de desprazamento serán para estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros. Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior, os de ciclos formativos que non existan na comarca, os de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores e os universitarios.

No caso dos gastos de desprazamento serán para estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros. Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que ao regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros. E estudantes universitarios en universidades española

0.14114189147949