Asinouse a aprobación inicial do Plan Básico Municipal do Concello de Alfoz
Asinouse a aprobación inicial do Plan Básico Municipal do Concello de Alfoz, un proxecto que comezou a súa andaina na pasada lexislatura na que o anterior alcalde, Jorge Val Díaz, comunicou á Xunta de Galicia a súa intención de adherirse a dito proxecto.
Trala exposición ao público para a súa avaliación ambiental, nesta lexislatura remitiuse información sobre as servidumes aeronáuticas, as concesións de auga e a capacidade da EDAR.
"A partir de agora imos ordenar o noso territorio e apostar por un urbanismo responsable no noso concello", dixo a rexedora Efigenia Maseda.
En vindeiras datas e ao longo de dous meses realizarán a exposición pública deste Plan, tanto a través dun enlace desde a páxina web do Concello, como de xeito presencial na casa consistorial a onde acudirán técnicos da empresa redactora do Plan para a resolución de dúbidas ou de axuda na presentación das alegacións oportunas que podan xurdir.