Asinan en Viveiro os convenios de colaboración coas entidades sociais locais

AMariñaXa
Os convenios, de 30.000 euros para Aspanane e AFA, e 12.000 euros para a Asociación Saúde Mental, serven coma axuda para as actividades destas entidades
concello-de-viveiro-casa-consistorial-2022
8 sep 2024

O Concello de Viveiro asinou os convenios de colaboración coas entidades sociais locais, mantendo o seu compromiso coa Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e a Asociación Saúde Mental A Mariña.

Os convenios, de 30.000 euros para Aspanane e AFA, e 12.000 euros para a Asociación Saúde Mental, serven coma axuda para as actividades destas entidades nos anos 2023 e 2024. “A integración social das persoas con algún tipo de discapacidade, a saúde mental e a colaboración cos veciños e veciñas que teñen alzhéimer e as súas familias son unha prioridade para o concello”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

A colaboración non se limita a estes convenios de colaboración. Atende tamén otro tipo de demandas, cedendo locais ou xestionando coa Deputación de Lugo obras e actuacións de mellora nas súas instalacións. “Toda axuda é pouco, son entidades fundamentais no tecido asociativo local, cun esforzo e traballo diario moi importantes”, engade Loureiro.

0.18976807594299