Asinados os convenios coas asociacións culturais e coas Anpas burelás

AMariñaXa
Burela asinou os convenios coas asociacións culturais e coas Anpas para a concesión de subvencións nominativas para este 2021.
burela convenio asociacion cultural anpas
23 Oct 2021

A Concellería de Cultura asinou ao longo desta semana os convenios coas asociacións culturais e coas Anpas para a concesión de subvencións nominativas para este 2021.

O edil José Díaz explicou que “ao longo desta semana estiveron asinando no Concello de Burela as asociacións culturais e as Anpas os convenios mediante os que o Concello outórgalles unha cantidade económica para sufragar as súas actividades, tanto as internas que en moitos casos teñen que ver con temas educativos para os nenos que están nestas asociacións sobre todo agrupacións musicais ou de teatro, e tamén para o desenvolvemento de actividades no propio Concello que repercutan nos veciños”.

Díaz dixo que “este ano, por mor da pandemia, decidimos que fosen nominativas. Outros anos eran por puntos, a través das actividades realizadas, pero durante todo este tempo non puideron realizar practicamente actividades e era moi difícil puntuar e obter unha contía económica similar á de anos anteriores. Así que, por consenso falando con todas elas, concretamos unhas cifras que para eles eran correctas e para nós tamén, que se axustaban para todos, e son as que ao final se lles adxudicarán”.

O concelleiro de Cultura engadiu que “tamén este ano, pola pandemia, polas dificultades en todos os aspectos no asociacionismo, poñemos como novidade que se poida solicitar a contía económica por anticipado. Isto quere dicir que non hai que esperar a presentar todas as facturas e que todo se aprobe, senón que o 90% desa subvención xa podería ser dada anticipadamente simplemente con rexistrar esa petición a través da sede electrónica ou do Rexistro do propio Concello. Hai algunhas que seguramente prefiran esta fórmula para poder dispoñer dese diñeiro, investilo nas cousas que eles estimen oportunas e posteriormente xustificalo mediante as correspondentes facturas”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18096399307251