Asinado un convenio de colaboración entre a Consellería de Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo

AMariñaXa
O responsable autonómico agradeceu o traballo da entidade na representación das 6 confrarías que a integran
VillaresConselloConsultivo-(2)
26 Jan 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asinou co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, un acordo para reforzar a colaboración entre a Administración autonómica e o sector provincial por valor de 80 mil euros. Esta achega está destinada a apoiar a actividade desta entidade en favor das persoas pescadoras e do desenvolvemento da actividad pesqueira da provincia.

Durante o acto de sinatura do convenio, celebrado en Burela, o representante do Executivo galego puxo en valor o traballo da Federación como interlocutora das mulleres e homes do mar na provincia de Lugo. Non en van, lembrou que a entidade aglutina a 6 confrarías -a saber, Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo-, que teñen en conxunto 496 afiliados e 169 embarcacións.

Alfonso Villares remarcou o compromiso da Xunta de Galicia por seguir traballando a favor dos profesionais do sector marítimo en coordinación directa con eles a través das entidades que os representan para optimizar as políticas pesqueiras que se promoven desde a comunidade autónoma.

Co convenio asinado esta mañá, a Consellería do Mar dá continuidade á colaboración que vén mantendo coa Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo e incrementa o seu apoio económico. De feito, o importe do convenio de colaboración para as actividade que se organicen ao longo deste ano incrementa un 33% a contía do ano anterior.

0.095719814300537