ASGADeD apoia ás persoas maiores da Pontenova na súa reivindicación por unha alimentación digna

AMariñaXa
A asociación únese á denuncia da deficiente calidade da comida servida na vivenda comunitaria
Pontenova-comida-digna-
27 Apr 2025

A Asociación en Defensa do Sistema Público da Dependencia e Discapacidade (ASGADeD) mostrou hoxe o seu apoio ás persoas usuarias da vivenda comunitaria da Pontenova na súa loita por un servizo de alimentación digno e de calidade.

Unha delegación da entidade acompañou os residentes nun acto de protesta no que, unha vez máis, se puxo de manifesto a situación que padecen: alimentos en mal estado, queimados, crus ou elaborados con até dúas semanas de antelación.

A denuncia sinala directamente ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Xunta de Galicia, que obriga a subministrar a comida dende a empresa Culinaria de Silleda, a máis de 150 quilómetros de distancia, en lugar de utilizar a cociña propia das instalacións da Pontenova, actualmente en desuso.

Desde ASGADeD expresaron a súa total solidariedade cos afectados, lembrando que xa levaron as súas queixas aos medios de comunicación, aos xulgados e á Valedora do Pobo sen que, polo de agora, se materializase unha solución efectiva. "Non é só unha cuestión de dignidade, é tamén unha cuestión de saúde e de respecto aos dereitos das persoas maiores", subliñaron.

⚙ Configurar cookies
0.12356901168823