Asfanemor organiza en Celeiro unha charla sobre autismo aberta á veciñanza

A Asociación de familias neurodiversas da Mariña e Ortegal, Asfanemor, organiza unha charla destinada a sensibilizar e informar sobre o autismo, baixo o título “O autismo, un camiño diferente pero xamais imposible”. A actividade terá lugar o 31 de xaneiro ás 17:00 horas na Casa do Forno de Celeiro.
A sesión estará impartida por Patricia Gómez, nai de Daniel Blanco e creadora do blogue @elvuelodedani, quen compartirá a súa experiencia persoal e ofrecerá ferramentas para comprender mellor a realidade das persoas con autismo e das súas familias.
As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a asfanemor@gmail.com ou chamando ao 646 514 601, ata completar aforo. A iniciativa busca achegar información de calidade á comunidade, fomentar a empatía e ofrecer un espazo de encontro para familias, profesionais e público en xeral.