As Zonas Cativas de Ribadeo xa son unha realidade

AMariñaXa
Remataron en Ribadeo os traballos de pintado das Zonas Cativas a carón dos centros escolares e instalacións deportivas. 
zonas cativas ribadeo
1 sep 2021

Remataron en Ribadeo os traballos de pintado das Zonas Cativas a carón dos centros escolares e instalacións deportivas. 

Dende o Concello subliñaron que “queremos un deseño urbano mais accesible, amable, sostible e mais centrado nas crianzas. Precisamos adaptar os entornos nos que vivimos ás demandas da infancia e adolescencia”.

Con estas Zonas Cativas buscan converter os espazos urbanos que usan os nenos e nenas en áreas mais amables a través de formas e cores. Pretenden atraer a atención dos condutores para que circulen con especial precaución por estes espazos.

As rúas afectadas xa quedaron abertas ao tráfico. As Zonas Cativas poden verse xa en Carlos III, Alfredo Deaño e Avenida de Luarca.

0.18224501609802