As XXVII Xornadas de Pesca de Celeiro farán unha completa análise sobre a realidade do sector

AMariñaXa
O porto de Celeiro acollerá un ano máis as Xornadas Técnicas que este ano chegan a súa XXV edición e celebraranse do 25 ao 27 de novembro.
xornadas tecnicas celeiro cartel 2023
17 Nov 2023

O porto de Celeiro acollerá un ano máis as súas Xornadas Técnicas que este ano chegan a súa XXVII edición e celebraranse do 23 ao 25 de novembro.

Este foro pesqueiro constitúe o simposio de referencia do sector, e a organización sinala que "considera que se trata de dun evento tradicional como punto de encontro obrigado para os profesionais, e no que teñen cabida todos os eslabóns do sector".

Do mesmo xeito que a xornada do pasado ano, elixiron un formato híbrido de asistencia para que os nosos relatorios cheguen ao máximo público posible. Desta maneira, haberá que rexistrarse de forma gratuíta, podendo elixir a que sesión presencial ou ben seleccionar o seguimento en liña por streaming.

A temática que se vai abordar nesta ocasión será a comercialización e mercados, consumo, IVE pesqueiro, frota e comercialización, selo azul, investigación e ciencia, comunicación, retos estratéxicos do sector pesqueiro "do mar á mesa", economía e crecemento azul, fondos FEMPA, tacs e cotas, informe de frota, ecosistemas, transición enerxética, lei de pesca sostible, medidas técnicas capturas accidentais, PPC Regulamento de Control, problemática pesca-eólica mariña, sustentabilidade, lei de restauración da natureza lei de de o litoral de Galicia, biodiversidade obxectivos para o 2050; a descarbonización da frota, medidas europeas e a súa afectación á frota galega, plan de acción e novos desafios á adaptación da frota ao futuro, ecosistemas mariños vulnerable, etc.

En resumo unha auténtica análise, con debate, sobre a realidade do sector pesqueiro en base a desmontar mitos en escenarios cambiantes que poñen en dúbida o sector.

Entre os relatores atópanse profesionais como Mónica Corrales, Clara Aguilera, J. Garat, Ivan López, Antonio Basanta, J.M. González Irusta, Josep Lloret; Roberto Baptista, A. Segura, Luis Bustos, Laura Rodriguez Zugasti; Irantzu Zubiaur, Oihane Cabezas, R. Lago, F.J. Sanz Larruga, J.I.Villar, Iván Vaqueiro, Hector Villa, González Laxe, Ernesto Penas, Julio Valeiras, Marta García, Daniel Voces, e Santiago Martin. Como din dende a organización, "un cadro de persoal de auténtico luxo".

JORNADAS DE PESCA DE CELEIRO 2021
XXVII jornadas pesca celeiro 2023
0.19881200790405