As XXVII Xornadas de Pesca de Celeiro comezaron falando sobre os retos da industria, o consumo e o IVE do peixe

AMariñaXa
O porto de Celeiro acollerá un ano máis as Xornadas Técnicas que este ano chegan a súa XXV edición e celebraranse do 25 ao 27 de novembro.
Xornadas pesca celeiro 2023 dia 1
23 Nov 2023

Comezaron as Xornadas Técnicas de Celeiro que este ano chegan a súa XXVII edición e que se celebrarán ata o 25 de novembro.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, en Lugo destacou na inauguración o alcance  que ten a cita para poñer enriba da mesa os asuntos que máis importan ao sector en toda Galicia, así como debater e falar de solucións ás problemáticas expostas. A subdelegada afianzou que esta cita goza dunha gran importancia para a comunidade e que pon de manifesto a repercusión do porto de Celeiro e dos seus pescadores e traballadores.

A subdelegada agradeceu que un sector tan importante para a economía de Galicia e para a zona da Mariña celebre estas xornadas para falar dos temas que preocupan, así como a poñerlles cerco e darlles solucións. Entre os temas que se falaron na primeira parte da xornada estiveron contemplados os retos da industria, medidas para aumentar o consumo, IVE do peixe, o compromiso do sector pesqueiro e a importancia que teñen os datos.

Rodríguez avanzou que “o sector vai ser escoitado durante os tres días que duren as xornadas, preparando accións para encamiñar as situacións que máis preocupan á patronal da pesca cara posicións máis desexadas, así como mellorar as condicións de traballo e todo o relacionado con eles mediante o análise situacional”.

Respecto ao sector produtor, o Goberno a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou unha convocatoria de axudas ás organizacións de produtores e as súas asociacións dotadas con 14 millóns de euros, que permitirán alcanzar os obxectivos da Organización Común de Mercados (OCM), mediante as medidas que impulsan as organizacións de produtos da pesca e a acuicultura a través dos seus plans de produción e comercialización.

A temática que se está a abordar nesta ocasión é o da comercialización e mercados, consumo, IVE pesqueiro, frota e comercialización, selo azul, investigación e ciencia, comunicación, retos estratéxicos do sector pesqueiro "do mar á mesa", economía e crecemento azul, fondos FEMPA, tacs e cotas, informe de frota, ecosistemas, transición enerxética, lei de pesca sostible, medidas técnicas capturas accidentais, PPC Regulamento de Control, problemática pesca-eólica mariña, sustentabilidade, lei de restauración da natureza lei de de o litoral de Galicia, biodiversidade obxectivos para o 2050; a descarbonización da frota, medidas europeas e a súa afectación á frota galega, plan de acción e novos desafios á adaptación da frota ao futuro, ecosistemas mariños vulnerable, etc.

En resumo unha auténtica análise, con debate, sobre a realidade do sector pesqueiro en base a desmontar mitos en escenarios cambiantes que poñen en dúbida o sector.

Entre os relatores atópanse profesionais como Mónica Corrales, Clara Aguilera, J. Garat, Ivan López, Antonio Basanta, J.M. González Irusta, Josep Lloret; Roberto Baptista, A. Segura, Luis Bustos, Laura Rodriguez Zugasti; Irantzu Zubiaur, Oihane Cabezas, R. Lago, F.J. Sanz Larruga, J.I.Villar, Iván Vaqueiro, Hector Villa, González Laxe, Ernesto Penas, Julio Valeiras, Marta García, Daniel Voces, e Santiago Martin. Como din dende a organización, "un cadro de persoal de auténtico luxo".

https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/viveiro-amxa/236815/

XXVII jornadas pesca celeiro 2023
0.22146010398865