As Xornadas de Intercambio Leader Norte coñeceron o programa Ecocomedores no CEIP de Riotorto
Dentro das actividades do programa das Xornadas de Intercambio Leader Norte, o DGR Terra Chá fixo unha visita ao CEIP Riotorto para presentar o proxecto Ecocomedores.
Os encargados de presentar este proxecto á directora xeral da Axencia Galega De Desenvolvemento Rural Agader, Inés Santé Rivera, á directora xeral de Agricultura, Agroindustria e Desarrollo Rural do Principado, Begoña López Fernández e e aos equipos técnicos dos GDRs de Asturias, foron a directora do CEIP de Riotorto, María Airado Otero, o tenente alcade de Riotorto, Manuel Rivas, e o xerente do GDR Terra Chá, Fernando Soto-Camino.
EcoComedores é un novo proxecto para impulsar o consumo de produtos locais de Galicia nos comedores escolares. Da cooperación entre once GDR, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos Sociais nace esta programa coa finalidade de facilitar a comercialización de produtos locais e ecolóxicos nos comedores escolares de cada territorio.