As tres pontes do Barqueiro
Por Somi López
A zona do Barqueiro no Vicedo conta cun feito case único e peculiar da enxeñería civil: a presenza de tres pontes consecutivas.
O orixinal, coñecida tamén como A Vella Ponte é a ponte central. Foi construída con estrutura metálica e ten tres tramos sobre alicerces de sillar. Este paso foi o primeiro nexo de unión entre a provincia de Lugo e a súa veciña, A Coruña.
O seu proxecto é moi antigo pois data do ano 1894 segundo deseño dos enxeñeiros Adolfo Pequeño e José Real. Terminouse de construír en 1901, nos tempos da rexencia de María Cristina e tivo un custo de unhas 528.000 pesetas da época.
Actualmente dispón de tres tramos metálicos de vigas do tipo bow-string en taboleiro inferior con apoio en estribos e dúas pilas de formigón con chapado en pedra de boa sillería.
A lonxitude do taboleiro é de 152 metros máis outros 30-40 metros de muro de acompañamento e estribos. Dispón de 3 vans adintelados con luces de 48 metros cada un.
A súa anchura orixinal era de 5 metros ampliados a 7 metros con voladizos de chapa que apoian en tornapuntas metálicos para habilitar un par de viais peonís dun metro cada un. A frecha sobre lámina de augas é de 12 metros.
Esta magnífica ponte carretero na actualidade segue dando servizo como pasarela ao modificarse parte da súa cuberta con novas varandas de aceiro e firme a base de travesas de madeira antiescorregadiza.
Na década de 1980 prohibiuse o paso de coches e camións xa queo seu deterioro empezaba a ser visible. Estivo un tempo aberto para bicicletas, motos e peóns, pero a súa degradación fixo pechalo definitivamente.
Nestes tempos é de acceso peonil trala súa rehabilitación no ano 2006, ademais debido á súa privilexiada situación e altura, hai xente que se lanza á auga desde a mesma ponte nesta zona da praia de Chamadoiro e a Punta Furada.Está declarado BIC como obra civil de gran valor.
Esta ponte metálica está custodiada por outras dúas pontes moito máis moderas, o da estrada AC-862 e o do ferrocarril da liña Feve.
A ponte do tren serve para o paso do ferrocarril da costa, no que foi o primeiro tramo galego da conexión ferroviaria Ferrol-Xixón, entre a cidade naval e Ponte Mera, inaugurado en xaneiro de 1962. A conexión entre Ortigueira e Viveiro abriuse oficialmente o 24 de xuño de 1966. Tanto a infraestrutura como o servizo, hoxe integrado en Renfe Viaxeiros, sufriron unha notable deterioración nos últimos anos.
A terceira ponte viu a substituír á antiga tralo novo trazado da estrada que neste lugar salva o río Sor.