As Tanxugueiras levarán a Cervo a súa xira Midas

AMariñaXa
O vindeiro domingo 19 de xuño as Tanxugueiras presentarán en Cervo a súa xira Midas, unha proposta vibrante das pandereteiras
tanxugueiras foto Eurovision
11 Xuño 2022

O vindeiro domingo 19 de xuño as Tanxugueiras presentarán en Cervo a súa xira Midas, unha proposta vibrante na que o trío de pandereteiras presenta a nova sonoridade do grupo.

Nesta presentación incorporan a interpretación dos novos títulos do grupo como Terra, Figa, Teo ou Midas. O concerto será na praza dos Campos e con entrada gratuíta.

Antes subirá ao escenario o dúo galego integrado por Laura LaMontagne & Pico Amperio, que na súa proposta artística mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía.

O acceso será libre e gratuíto. Arias apuntou que se escolleu un espazo aberto con facilidades de acceso “xa que se trata dun concerto moi agardado no que o público poderá desfrutar de dúas das formacións con maior proxección da escena musical galega”, que volverán actuar na provincia de Lugo da man do Xacobeo o 23 de setembro, nesta ocasión en Portomarín.

Este espectáculo enmárcase dentro do ciclo Concertos do Xacobeo na provincia de Lugo, que ao longo dos vindeiros meses achegarán a distintos concellos artistas de primeiro nivel con diferentes estilos musicais.

0.19479298591614