As San Lucas de Mondoñedo comezan coa chegada de centos de cabalos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A 863 edición das San Lucas de Mondoñedo conta cunha achega de 20.
Captura de pantalla 2019 10 08 a las 16.56.40
17 Out 2019

A 863 edición das San Lucas de Mondoñedo conta cunha achega de 20.000 euros da Área de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística. O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, subliñou que As San Lucas seguen a manter o espíritu tradicional coa feira cabalar e mais o mercado de produtos de outono pero o programa compleméntase con actividades culturais, literarias e musicais. E comezan o 17 coa chegada de centos de cabalos á praza.

A feira, que terá como pregoeiro ao dramaturgo e actor Manuel Lourenzo, comezará o 17 de outubro coa chegada das reses á cidade a través da Praza da Catedral, “un feito singular e único que cada ano concita a máis público e que supón tamén unha homenaxe aos gandeiros que están todo o ano coidándoas e facendo unha importante labor medioambiental”, segundo destacou Souto.

A gran novidade da programación será a celebración do Festival Intercéltico o día 19 de outubro, coas actuacións do grupo bretón Gwendal, do irlandés Lúnasa,  do gaiteiro asturiano Bras Rodrigo e de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.

“Queremos facer das San Lucas, de Mondoñedo e da provincia, unha feira  máis europea, máis atlántica e máis internacional con este encontro de músicas e tradicións das nacións celtas”, apuntou Souto.

 A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, remarcou que “é obriga das administracións colaborar con estas festas tradicionais que mostran a nosa esencia como pobo”.

No acto tamén participaron a deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade, a mariñá Mónica Freire, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia. No Salón de Actos da Deputación tamén estiveron Eloi Cabanas e Esperanza González, voceiros de BNG e PsdeG no concello de Mondoñedo e mais o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa

0.080010890960693