As rúas do Casco Histórico de Viveiro encheranse de actividades no Samaín

AMariñaXa
O Concello de Viveiro invita a todos os veciños a desfrutar dende este sábado e ata o lunes día 31 das festas do Samaín
samain viveiro 1
27 Out 2022

O Concello de Viveiro invita a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar dende este sábado e ata o lunes día 31 dunha ampla programación prevista para as festas do Samaín nas rúas do Casco Histórico.

O sábado comezan os Obradoiros do Samaín con dúas actividades para os máis cativos. Así, entre as 11:00 e as 12:30 horas, levaránse a cabo os talleres de elaboración de gadoupas para os cativos e cativas entre os 4 os 7 anos, mentras que entre as 12:30 e as 14:00 horas os que aprenderán a facer unha lámpada serán os nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Sen dúbida será o mellor xeito de pasar as horas á espera da gran cita do luns día 31, cando chegue por fin o momento para os máis novos de saír a pedir caramelos e bailar polas rúas de Viveiro.

Haberá amenización musical e o reparto de caramelos é cortesía do Concello e da asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro para aqueles que acudan disfrazados aos comercios asociados.

“Queremos agradecer a Casco Histórico a súa colaboración. Os caramelos son proporcionados polo concello e repartidos en locais asociados, así que unha vez máis traballamos en conxunto nunha acción como é o Samain”, suliña a concelleira de Cultura e Muller de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Ademais, na noite do 31 tamén se celebrará a Noite Meiga coas danzas das Meigas e queimada que contará co acompañamento da Charanga A Santa Compaña. A cita será na Placiña da Herba entre as 22:00 e as 00:30 horas.

Dentro das actividades desta festa do Samaín, dende o Concello tamén se está a promover a recuperación dos zonchos. Trátase dunha tradición moi estendida hai décadas que consistía en ir ao camposanto, no día 1 de novembro, cun colar de zonchos feito con castañas cocidas colgado no pescozo para honrar aos finados.

A tradición dos zonchos está relacionada co magosto, ritual funerario que aínda hoxe consérvase coa venda de castañas nas portas dos camposantos. “Convidamos a todos os veciños e veciñas de Viveiro a continuar coa tradición dos Zonchos, un ritual centenario que queremos manter pois forma parte do noso patrimonio cultural e material. É algo moi noso e non debemos de perdelo e pasarllo a todos os nenos e nenas”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Convidamos a todo os que teñan algunha foto con estes tradicionais zonchos de hai anos a que as subas nas súas redes sociais para visibilizar esta tradición e que así tamén rememoremos aqueles tempos nos que todos saíamos á rúa cos nosos colares de castañas”, engade a concelleira de Cultura e Muller de Viveiro.

samain viveiro 2022
0.20017409324646