As Redeiras Cabo de Burela preparan visitas guiadas á nave do porto

AMariñaXa
A Asociación de Redeiras Cabo de Burela prepara visitas guiadas a Nave de Redeiras no Porto de Burela a partir do 8 de xuño
redeiras 2021 1
6 Xuño 2021

A Asociación de Redeiras Cabo de Burela preparan visitas guiadas á Nave de Redeiras no Porto, que poderán facerse a partir do 8 de xuño, en horario de luns a venres ás 11:00 horas e 17:00 horas.

No pasado era este colectivo, formado exclusivamente por mulleres, o que reparaba e confeccionaba as nasas e redes, diferentes en función de cada arte de pesca, variando así a técnica de elaboración da rede. Actualmente, o traballo artesanal das redeiras segue sendo unha importante seña de identidade da tradición mariñeira.

Para participar haberá que chamr ao teléfono 630 757 910 ou mandar un correo electrónico a caboburela@hotmail.com.

redeiras 2021
0.073272943496704