As praias de As Catedrais, Castros e Illas de Ribadeo lucirán este verán bandeiras azuis

AMariñaXa
"O Concello de Ribadeo é o segundo en número de bandeiras azuis e imos seguir traballando para incrementar eses galardóns dentro das nosas posibilidades”
bandeiras-azuis-Ribadeo
14 Xuño 2024

O alcalde, Dani Vega, recolleu as bandeiras azuis que lucirán este verán as praias de As Catedrais, Castros e Illas. O acto tivo lugar no areal de Doniños, en Ferrol.

O rexedor contou que “no acto celebrado entregaron as bandeiras azuis. Ribadeo ten este galardón, teñen estas bandeiras, as praias de As Catedrais, Castros, Illas e tamén o porto deportivo. Polo tanto, un agradecemento profundo á asociación ADEAC por esta distinción, este galardón, que valora moitos parámetros que cumprimos ano tras ano”.

Vega subliñou que “nós imos seguir ese traballo continuo para avanzar. Neste momento o Concello de Ribadeo é o segundo en número de bandeiras azuis e imos seguir traballando para incrementar eses galardóns dentro das nosas posibilidades”.

O alcalde ribadense lembrou algunhas das actuacións que nestes momentos está a realizar o Concello nas praias: “nosoutros queremos seguir mellorando todos os espazos naturais, todos estes puntos turísticos, estes areais. Por iso nestes momentos estamos investindo 70.000 euros tanto na praia dos Castros e en Illas, como tamén no Cargadeiro, que é un espazo natural, un gran punto turístico que debemos ter conservado e coidado. Pois entre todos vamos seguir avanzando para mellorar o Ribadeo que queremos”.

Xunto a Dani Vega estiveron en Doniños os concelleiros de Medio Ambiente e Seguridade, Diego Dos Santos e Montse Seijo.

0.23570990562439