As praias de Area e Covas, en Viveiro, xa teñen a Q de Calidade

AMariñaXa
Viveiro recolleu a Q de Calidade das praias de Area e Covas, un distintivo de recoñecido prestixio que avala a calidade das súas augas
Viveiro Q Calidade praia copia
26 sep 2022

O Concello de Viveiro recolleu nun acto celebrado en Santiago a Q de Calidade das praias de Area e Covas, un distintivo de recoñecido prestixio que avala a calidade das súas augas e os servizos prestados.

A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico. 

O areal urbano de Covas, pola súa parte, conta con case 2.000 metros de lonxitude. Unha praia urbana complementada polo paseo marítimo.

No acto participou en representación do Concello de Viveiro a concelleira de Turismo, Marisol Rey, que destacou “a calidade dos distintos areais existentes no noso municipio, o turismo de natureza e praia é un piar fundamental para nós”.

0.10604190826416