As persoas maiores de Vegadeo viaxarán a Ribadesella para coñecer a Cova de Tito Bustillo

AMariñaXa
A excursión, organizada pola Asociación de Xubilados Suarón e subvencionada pola Concellería de Benestar Social, terá lugar o mércores 22 de outubro
vegadeo-vaca-silvallana-xato
Foto de arquivo
4 Oct 2025

A Asociación de Xubilados Suarón, en colaboración coa Concellería de Benestar Social e Maiores do Concello de Vegadeo, organiza unha saída cultural a Ribadesella o vindeiro mércores 22 de outubro. A actividade está especialmente pensada para o colectivo de maiores do municipio e contará cun programa completo que combina patrimonio, natureza e convivencia.

A viaxe incluirá unha visita guiada á coñecida Cova de Tito Bustillo, recoñecida polas súas pinturas rupestres, e tamén unha visita libre ao Centro de Arte Rupestre e ao propio casco urbano de Ribadesella, un dos destinos turísticos máis emblemáticos de Asturias.

O desprazamento en autobús, tanto de ida como de volta, será asumido pola Concellería de Benestar Social, co obxectivo de facilitar a participación do maior número posible de persoas.

Desde a organización subliñan que se trata dunha oportunidade para compartir unha xornada de amizade, descubrir o valioso patrimonio artístico da prehistoria e gozar do encanto dunha vila mariñeira asturiana.

⚙ Configurar cookies
0.059466123580933