As persoas interesadas en participar na Comida do Maior de Viveiro poden anotarse ata o 14 de abril

AMariñaXa
A cita terá lugar o sábado 18 de abril no Val do Naseiro e as invitacións poden retirarse na conserxería do Concello de Viveiro
comida-do-maior-viveiro
8 Apr 2026

As persoas interesadas en participar na Comida do Maior de Viveiro poden anotarse ata o 14 de abril

Será o sábado 18 de abril no Val do Naseiro e as invitacións poden retirarse na conserxería do Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro ten aberto ata o mércores 15 de abril o prazo para anotarse na Comida do Maior, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de abril no Val do Naseiro.

As invitacións, 10 euros para as persoas empadroadas e de 30 euros para as non empadroadas, poden retirarse na conserxería do Concello de Viveiro ata o, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

A xornada está dirixida a persoas maiores de 65 anos, que deberán presentar o DNI no momento de retirar a invitación. Ademais, cada persoa poderá acudir cun acompañante, pero será necesario que se presenten ambas no momento de mercar as entradas para a súa correcta identificación.

A comida está concibida como un espazo de encontro para reforzar lazos e gozar cunha celebración pensada para xuntar á veciñanza e ás súas familias, e o menú estará composto por callos como primeiro prato e costela de porco asada ao estilo da avoa Adelina como segundo, con viño branco e tinto da casa, cervexa, refrescos e auga, ademais de tarta xeada e café de sobremesa. Ademais, haberá música e baile para animar a xornada.

Dende o Goberno de Mariña Gueimunde animan á veciñanza a participar nesta cita, pensada para compartir mesa, convivencia e un día especial nun ambiente festivo.

0.12173795700073