As patronais de Viveiro acollen hoxe actividades para nenos con diversidade funcional
O Concello de Viveiro anuncia hoxe, sábado 19 de agosto, dentro da programación das Festas Patronais, terá lugar o Día da Cativada con actividades para o público infantil que darán comezo ás 17.00 horas na explanada de Lodeiro.
“Como novidade e, dentro do noso compromiso coa igualdade e a inclusión das persoas con diversidade funcional, anunciamos que na primeira hora das actividades se realizará unha adaptación para que as nenas e nenos que, pola súa condición, teñan dificultades para integrarse en grandes grupos ou agardar turnos longos de esperar, poidan participar nas actividades con prioridade de turno, favorecendo así a súa participación”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
É aconsellable, que para facilitar o desenvolvemento da actividade, veñan identificados cunha pulseira de cor azul.
Así, os xardíns Noriega Varela acollerán o Día da Cativada, con actividades para os nenos e nenas. Ese mesmo día terá lugar a representación do Teatro dos Irmáns Álvarez Quinteiro de balde no Teatro Pastor Díaz ás 20:30, e tamén o espectáculo de música e fotografías “60’ en +” da Asociación Fotográfica Os Negativos na praza Maior ás 22:30.