As organizacións pesqueiros dispoñen de axudas para plans de comercialización

TerraChaXa | AMariñaXa
O Diario Oficial de Galicia publicou as bases reguladores e a convocatoria de 2019 para a concesión de axudas ás organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros co obxectivo de apoiar a preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización.
30 Xuño 2019

O Diario Oficial de Galicia publicou as bases reguladores e a convocatoria de 2019 para a concesión de axudas ás organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros co obxectivo de apoiar a preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización. A Consellería do Mar destina a esta liña de achegas algo máis de 1,5 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). 
Poderán beneficiarse destas subvencións as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores de Galicia inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores.  
Esta liña de apoio aos plans de produción e comercialización ten como obxecto subvencionar os investimentos  realizados durante o período de execución do plan, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro 2018, así como os derivados da preparación do mesmo. Entre os gastos susceptibles de contar con achegas son os de persoal, material, equipamento ou desprazamentos vencellados ao desenvolvemento do plan. 
Os interesados en solicitar as axudas poden consultar os requisitos e a documentación necesarios na orde que publica hoxe o DOG. Para esta convocatoria o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir de mañá. A presentación das solicitudes realizarase  por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da web https://sede.xunta.gal.
O marco normativo europeo actual reforza as actividades das organizacións profesionais da pesca e da acuicultura e facilita a axuda financeira necesaria para que poidan desempeñar un cometido máis importante na xestión da pesca, exercendo as súas actividades pesqueiras e da acuicultura de forma sustentable e mellorando a comercialización dos produtos.
Os seus plans de produción e comercialización inclúen, entre outros aspectos, o programa de produción para as especies capturadas ou criadas, a estratexia para adaptar a cantidade, calidade e presentación da oferta ás esixencias do mercado e medidas preventivas especiais de adaptación da oferta para as especies que presentan dificultades de comercialización durante o ano.

0.18156981468201