As obras para mellorar o Forte de San Damián de Ribadeo contan cun investimento de 150.000 euros

AMariñaXa
O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Deputación para actuar nun edificio singular e moi importante para Ribadeo como é o Forte de San Damián, que está sendo mellorado a través dunhas obras que contan cun investimento de 150.
obras Forte Ribadeo
21 Out 2023

O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Deputación para actuar nun edificio singular e moi importante para Ribadeo como é o Forte de San Damián, que está sendo mellorado a través dunhas obras que contan cun investimento de 150.000 euros.

"Unha vez que rematen eses traballos o obxectivo é encher de contido o seu interior", afirmou o rexedor, que insistiu en que “desde o Concello de Ribadeo seguimos traballando, xestionando e abrindo as portas á inversión. Sempre o dixemos, nós queremos ter interlocución con todas as administracións, seguir xestionando, seguir falando e conservando as boas relacións coa Xunta, coa Deputación e tamén co goberno do Estado. A nós o que nos interesa é que veña orzamento para Ribadeo, iso é o realmente importante”.

Vega dixo que “imos seguir traballando e colaborando coa Deputación, á que lle quero transmitir o agradecemento profundo como alcalde de Ribadeo por esa colaboración. Neste caso son 150.000 euros para mellorar e investir no Forte de San Damián”.

O alcalde subliñou que “nestes momentos as obras que estamos a facer son fundamentais. Necesitábamos reformar o Forte de San Damián, así entendeu o goberno anterior que tiña que solicitar esta subvención e nosoutros licitamos a obra, acreditamos que estabamos na mesma liña de conservar o patrimonio, ese legado que nos foi entregado gratuitamente. E xa estamos a traballar para mellorar un edificio singular e moi importante, a conservar e a potenciar desde o punto de vista da cultura”.

Desenvolvemento dos traballos

Daniel Vega explicou todos os traballos a acometer: “estamos eliminando as barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso ao interior do edificio, tamén eliminaremos toda a maleza do perímetro, porque realmente era vergoñento como estaba e esa imaxe que se trasladaba de abandono imos deixar de dala, imos reelaborar a estrutura da cuberta do baluarte existente e vamos retellar o edificio".

Por outra parte, destacou que "reparamos tamén os parámetros verticais exteriores da nave principal e vamos volver pintar. Actuaremos para eliminar todas as filtracións de auga nos distintos puntos que están a introducir humidades nas paredes e despois poñeremos unhas pranchas de pladur no interior das salas de exposicións . Tamén se delimitará todo o foso, todo o perímetro, con madeira, iluminarase o exterior do edificio, algo que vai enxalzar o propio Forte e vamos dotar de electricidade o inmoble, xa que na actualidade o subministro realízase a través doutro edificio público e iso non é correcto”.

Para o alcalde ribadense “estamos a falar dun impulso a un edificio significativo, singular, vamos darlle un impulso á cultura cun espazo renovado imos encher de contido o seu interior. Traballamos, xestionamos e conservamos o que nos foi entregado gratuitamente polos nosos antepasados e nós temos a obriga de conservar. E eses 150.000 euros significan un compromiso por parte do Concello e tamén por parte da Deputación, estamos a colaborar conxuntamente”.

0.1377420425415