As obras do saneamento de Cinxe, en Ribadeo, están próximas ao seu remate

Seguen as obras do saneamento de Cinxe, coa conexión co da Rochela, para o que foi preciso realizar un corte na estrada N-634, segundo contou o alcalde, Fernando Suárez.
Os traballos, financiados polo Concello e polo Plan Único da Deputación de Lugo, supoñen un investimento de 53.000 euros.
Dende o Concello din que siguen avanzando no saneamento das parroquias. "Evidentemente quedan moitas máis, pero temos que ir pouco a pouco”.