As obras da vía entre Riotorto e Bretoña están preto do final

TerraChaXa | AMariñaXa
Os alcaldes da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, e de Riotorto, Clemente Iglesias, visitaron as obras da estrada que une as dúas vilas.
estrada pastoriza riotorto
17 Xul 2021

O alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, e o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, visitaron a primeiros deste mes as obras da estrada que une as dúas localidades no treito entre Espasande de Arriba e Bretoña, pasando por Ladaiña e Luxilde. Estas obras foron negociadas por ambos concellos e financiadas na súa totalidade pola Xunta de Galicia.

Trátase da vía de comunicación máis importante entre estas dúas localidades próximas.

Os traballos, que consistiron no asfaltado e adecuación da vía, están preto da súa finalización.

0.15597319602966