As obras da estrada da estación de Ribadeo marchan a bo ritmo

AMariñaXa
As obras da estrada da estación marchan a bo ritmo. Estes días trabállase na ampliación e nos desmontes para duplicadr a súa anchura
obras estacion ribadeo
12 Jun 2021

As obras da estrada da estación marchan a bo ritmo. Estes días trabállase  na ampliación e nos desmontes para ampliar o ancho do viario para poder ser duplicada practicamente a súa anchura e que así poidan existir dous carrís e tamén unha beirarrúa para que os peóns circulen coa seguridade que nunca houbo nesa zona.

Ademais da mellora na anchura tamén se está traballando para acadar o rebaixe no nivel proxectado no punto de encontro coa rúa Segundo Moreno Barcia. Este era un punto conflitivo desde sempre, especialmente para o tráfico pesado que utilizaba este circuíto de comunicación e agora estase planificando unha mellora notable, tanto para os veciños das vivendas próximas como tamén para o numeroso tráfico que se agarda unha vez se rematen os traballos. E ademais estanse a coordinar actuacións cos diferentes servizos de subministro de enerxía eléctrica, telefonía, pluviais, etcétera para que todo vaia tal e como planificaron os técnicos municipais.

Esta obra ten uns custes de 360.000 euros de proxecto, aportados nun 80 por cento pola Deputación de Lugo e o resto polo Concello de Ribadeo. 

0.16505789756775