As nenas e os nenos foron os protagonistas deste Mercado dos Domingos de Ribadeo

AMariñaXa
As nenas e os nenos foron os protagonistas deste Mercado dos Domingos no que houbo unha xincana e música na contorna da Praza de Abastos.
Mercado domingos actividades ribadeo 2023
25 sep 2023

As nenas e os nenos foron os protagonistas deste Mercado dos Domingos no que houbo unha xincana e música na contorna da Praza de Abastos.

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, declarou que “desde o Concello de Ribadeo segue a dinamizar e por en valor o Mercado dos Domingos, un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos directamente ao consumidor final. Trátase dun mercado moi diversificado, onde reina o produto da horta, pero onde tamén podemos atopar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces e ata cervexas artesas”.

0.12077498435974