As monitoras da Aula Gaia de Burela impartiron na asociación Camiña unha actividade sobre papel

AMariñaXa
As monitoras da Aula de Educación Ambiental Gaia impartiron na asociación Camiña unha actividade denominada Fabrica o teu propio papel.
300523 Foto taller papel Burela 2
300523 Foto taller papel Burela 2
31 Maio 2023

As monitoras da Aula de Educación Ambiental Gaia impartiron na asociación Camiña unha actividade denominada Fabrica o teu propio papel.

Segundo explican as monitoras de Gaia: “os participantes aprenderon todos os pasos da reciclaxe de papel, dende cortar periódicos vellos en anacos, botarlle auga quente, engadirlle cola de carpinteiro, colocalo encima dun pano de tea e decoralo con ceras”.

E engadiron: “explicámoslles de onde procede o papel e como evitar a tala masiva de árbores. Contámoslles que cada ano córtanse no noso país uns vinte millóns de árbores só para fabricar papel e que se debe reducir o consumo do mesmo, ademais de reutilizar o papel nas aulas e facer uso do contedor azul”.

0.19264602661133