As minas e o ferrocarril de Pontenova reflicten un pasado activo
A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km e estivo activa entre 1903 e 1965.
O mineral fosfórico comezaba entón a cotizarse en Europa dado que no ano 1879 descubriuse o proceso de desfosforación do mineral de ferro en fornos de calcinación, método que permitía eliminar os residuos fosfóricos do ferro e utilizalos como fertilizantes.
O impulsor da sociedade explotadora destas minas foi Julio de Lazúrtegui, promotor doutras minas no resto da Península, e ademais foi un home vinculado ás sociedades do ferro e o aceiro que neste momento se desenvolveron en Europa.
A mina ten dous centros, os grupos Luisa e Vieiro no monte de Vilaoudriz, e o grupo Consolo-Boulloso nas montañas de Boulloso, distante un quilómetro dos anteriores.
As primeiras en explotarse foron as minas Luisa e Vieiro, a continuación o grupo Consolo-Boulloso, e a última é a chamada Eneas, que comezou a funcionar no ano 1907. Ata o ano 1911, a explotación das minas realizouse mediante contrata, pero nese ano xa se fixo cargo a propia sociedade concesionaria.
O mineral hidróxido embarcábase nos vagóns tal e como saía da mina, mentres que o carbonato cloritoso debía sufrir un proceso de calcinación, mediante o cal, quentado e logo en contacto co aire, secábase e perdía auga e acido carbónico, verificándose a combustión das piritas que contiña, e pasando así de óxido ferroso a férrico.
Dito proceso tiña lugar nos fornos de calcinación, de 4 metros de diámetro superior e 11 metros de altura. Para a extracción do mineral, estes fornos dispoñían de 4 portas e un cono de fundición na súa parte baixas.
A mina constaba de varias instalacións complementarias, como os depósitos de mineral, unha central eléctrica, un tranvía aéreo, dous compresores para perforación mecánica, un plano inclinado para elevar os produtos e o lavadero do mineral.
Para transportar o mineral construíuse un ferrocarril de vía estreita, cun metro de ancho de vía, que unía as minas co porto de Ribadeo. As obras de construcción comezaron no ano 1902, e nelas fixeronse 13 túneles, que miden un total de 1550 metros, catro pontes metálicas, dúas de cimentación e un cargadero metálico no porto de Ribadeo. O tren comezou a circular xa no mes de abril de 1903 co mineral, e no mes de agosto de 1905 inaugúrase oficialmente o servizo público de viaxeiros, converténdose nun medio de transporte mixto de carga e pasaxe. No percorrido atopábanse catro estacións: Vilaoudriz, Santirso, Porto-Vaga e Ribadeo, ademais de catro apeaderos.
A comercialización comezou a finais de 1902, sendo Alemaña, Francia, Bélxica e Inglaterra os principais compradores, e o total do mineral arrastrado polo ferrocarril é embarcado no porto de Ribadeo.
Ca Primeira Guerra Mundial o mercado alemán pechouse e tamén houbo dificultades co mercado inglés, pero seguiuse traballando ata o ano 1932, comerciándo fundamentalmente cos ingleses. É no ano 1925 decidiuse montar un quinto forno na Pontenova.
Durante a Guerra Civil, a mina funcionaba a medio réxime, ata que se apagaron os fornos pola falta de carbón. Terminada a guerra, contratouse unha brigada especial de conservación, que reparou varios desprendimientos producidos no interior da mina. A explotación mantívose ata a década dos 50, e o ferrocarril deixou de funcionar definitivamente no ano 1964.
O cargadoiro foi derrubado e vendido como chatarra, e salvo algunhas pontes, algún túnel semiderrumbado e a estación de Vilaoudriz, non queda nada máis do ferrocarril.
Hoxe en día todavía existen os cinco fornos de calcinación da Pontenova, que permanecen así como un símbolo do que foi a mina e de máis de sesenta anos de traballo. A Pontenova, que naceu coa mina, conserva agora as súas hornos, e con eles unha parte importante da súa memoria, unha parte importante da súa historia.
Unha vez desmantelada a liña, quedou en abandono. Na actualidade o tramo Santiso-A Pontenova é unha ruta turística integrada nas chamadas vías verdes, a Ruta da antiga vía do ferrocarril tren Vilaoudriz - Ribadeo, aou Ruta do ferrocarril, asfaltada en parte, cuns 12 km de lonxitude e 6 túneles. Noutros lugares o espazo foi usado pola estrada nacional 640, noutros foi apropiado polos veciños e convertido en terras de labor, prado ou eucaliptal, e noutros converteuse nun camiño: entre a Ría de Abres e Santiso de Abres hai un tramo que é camiño de servidume que se estende máis de 1 quilómetro. Na zona urbana de Ribadeo o trazado aínda é visible na meirande parte ó terse convertido en rúas.