As Minas da Pontenova prepara unha nova edición do seu festival que será en xuño

AMariñaXa
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova prepara unha nova edición do seu Festival das Minas para o día 16 e 17 de xuño.
festival das minas pontenova 2007
26 May 2023

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova prepara unha nova edición do seu Festival das Minas para o día 16 e 17 de xuño.

Así, a festa comezará na noite do venres 16 cos cantos de taberna polos bares do pobo a cargo de A Chocolateira, Asubíos da Chaira e Tarde, mal e arrasto.

O sábado 17 haberá unha cea popular por tan só 20 euros os adultos e 10 os nenos, e ademais contarán cun sorteo de 4 bonos para vivir a experiencia na mina Consuelo e o descenso en tirolina.

Xa pola noite, ás 23.30 horas, será a quenda das actuación musicais a cargo de Leña Verde, The Skarnivals e La Disquetera.

“Aos cantos poderanse unir e participar os que queiran”

Luis Miguel Rivas é o presidente da Asociación Cultural e Deportiva As Minas.

Este festival muda de data de decembro a xuño. Porque motivo?

O festival comezou facéndose no verán aínda que despois mudamos ao mes de decembro. Pero quixemos retomar de novo estas datas.

Que se poderá facer?

Sobretodo desfrutar, e despois poderase escoitar musical galega en diferentes e atractivas propostas. Comezará cos cantos de taberna, seguirá co folk de Leña Verde de Pol, co ska de Skarnivals, que están de xira con novo disco, e de rock a cargo de La Disquetera. A maiores poderemos deleitarnos na tradicional ruta das minas e participar no sorteo que se celebrará durante a cea popular, para entrar na mina Consuelo e descender na tirolina.

Pode debullarnos o programa?

A festa comezará na noite do venres 16 cos cantos de taberna polos bares do pobo. O sábado 17 haberá unha cea popular por tan só 20 euros os adultos e 10 os nenos, e ademais contarán cun sorteo de 4 bonos para vivir a experiencia na mina Consuelo e o descenso en tirolina. Xa pola noite, ás 23.30 horas, será a quenda das actuacións musicais.

Como se pode participar nos cantos de taberna?

Estes cantos estarán dirixidos pola Chocolateira, grupo local pontenovés, que percorrerán os bares do pobo xunto a outros dous grupos, Tarde mal e arrastro de Ribadeo e Asubíos da Chaira de Cospeito, e a este cantos poderanse unir e participar todos os que queiran.

Onde se mercan os tiquets da cea?

Estes tiquets, que son necesarios, pódense mercar nos bares San Briz, na casa da cultura, no bar Rony e no bar Puente.

festival as minas da pontenova 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12727689743042