As Minas da Pontenova entregou a Cruz Vermella a recollida solidaria

AMariñaXa
Dende a Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova organizan unha recollida de alimentos non perecedoiros 
entrega cruz Roja Asociacion As Minas de A Pontenova 1
14 Xan 2022

Como cada ano por estas datas a Asociación As Minas de A Pontenova fixo entrega á Cruz Vermella Española, Delegación Provincial de Lugo, os alimentos, roupa e xoguetes recolectados na campaña solidaria levada a cabo este pasado Nadal.

Dende a organización "agradecen públicamente a Superti, Día, Gadis, A Tenda de Manolo e Clínica Son Saúde o seu traballo como puntos de recollida e a todos os veciños que colaboraron pola súas donacións".

"Para o ano que ven seguiremos colaborando con tanta ou máis ilusión e ganas", remataron dicindo.

0.1880989074707