As laranxas selan o pase á XIV Copa Galicia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Pescados Rubén Burela FS selou esta tarde o seu pase á final da XIV Copa Galicia con vitoria sobre o Viaxes Amarelle FSF (2-1); na gran cita veranse as caras con Poio ou Ourense, aínda pendente do desenlace do segundo partido.
1
11 Oct 2020

O Pescados Rubén Burela FS selou esta tarde o seu pase á final da XIV Copa Galicia con vitoria sobre o Viaxes Amarelle FSF (2-1); na gran cita veranse as caras con Poio ou Ourense, aínda pendente do desenlace do segundo partido. As Guerreiras Laranxas, que partían coa clara vantaxe do 1-10 da ida, dispuxeron de todo o peso do partido, con posesión, dominio e ocasións, pero faltoulles concentración e finalización ante un rival que se aplicou en defensa os corenta minutos. A escuadra visitante aproveitou o único perigo da primeira parte para tomar vantaxe. Repetindo monólogo laranxa, as mariñás puideron dar a volta antes do ecuador da segunda parte con dous tantos.

Yaiza adiantou as herculinas superado a mediania da primeira parte en dous segundos, nun pase longo ao que non repregou a defensa laranxa e sentenciado cun balón raso. Antes as de Amarelle tan só dispuxeran dunha leve ocasión no 8, cunha tentativa de pase de Patri Corral que se esvaeu nos últimos metros. As de Julio Delgado, no entanto, avisaran e moito sobre Leti Rojo, con ata tres paus. Todo o peso da cita seguiu sendo das de Julio Delgado pero non conseguían a recompensa merecida.

Ante un Amarelle que non tivo presenza en ataque o Pescados Rubén armouse de paciencia no reinicio. Cristina, no 27, materializou a igualada máis que merecida; antes Bea Mateos, a propia Cristina e Cami xa avisaran con moito perigo. No 30 Dany, por fin, puxo por diante as da Mariña, sen cesar non seu asedio sobre a rede coruñesa aínda que hoxe non era o día das burelistas en afinación.

0.17511105537415