As IV Xornadas de urbanismo histórico de Mondoñedo serán online

TerraChaXa | AMariñaXa
As IV Xornadas de urbanismo histórico de Mondoñedo serán online e moderadas por Felipe Debasa Navalpotro, doutor de historia do mundo moderno.
102369499_1588141581336455_1806893110349012043_n
17 Nov 2020

As IV Xornadas de urbanismo histórico serán os días 19, 20 e 21 de novembro de 2020 as 19:30 horas, que serán online e moderadas por Felipe Debasa Navalpotro,  doutor de historia do mundo moderno na URJC.

O día 19 ás 19:30 Manuel Castiñeiras González, profesor de historia dá arte na UAB, "Artes decorativas no medievo mindoniense, pintura e ourivaría". O 20 ás 19:30 Javier Gómez Darriba, doutor en historia dá arte dá USC) "Os conventos concepcionistas de Mondoñedo: da ruína á construción dunha clausura dieciochesca".

O 21 as 19:30 Roberto Reigosa Méndez, historiador dá arte dá USC, "A praza de Mondoñedo, evolución dun espazo de reunión desde a cidade medieval ata o funcionalismo contemporáneo".

As charlas serán retrasmitidas por zoom e pola ferramenta dixital https:// themondonedovalley. com/ e pola páxina web do Concello de Mondoñedo. Para calquera información podedes contactar en: asociacionbatitales@gmail.com.

Para participar é necesaria a previa inscrición na web https:// forms. gle/E3 MzTcbGvf4 s6 xVp9.