As Historias de Bemol Pequeno chegan á casa da cultura de Burela
O vindeiro sábado , 15 de outubro ás 18 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Burela contará coa visita do Grupo Música Miúda. Nesta ocasión presentarán As Historias de Bemol Pequeno.
Un ano máis, a Biblioteda Pública de Burela, paticipa no Programa Ler Conta Moito 2022. Un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
As Historias de Bemol Pequeno é un contacontos musical , polo que camiñan personaxes como a Meiga Xela, o dinosaurio Pepón ou a Banda do Carballo. Todos os contos e cancións son de creación propia e buscan ensinar á rapazada conceptos musicais básicos como o volume, as notas musicais ou as familias de instrumentos. Este espectáculo tivo un grande éxito durante o 2021, percorendo moitas bibliotecas e coles de toda Galicia.