As guerreiras laranxas loitan polo 4NationsFutsal en Milán

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
1 Sep 2019

O Pescados Rubén Burela FS, coa renovación de Cilene, disputa a segunda edición de 4 Nations Women’s Cup Winner’s Cup en Milán. Trátase un dos grandes compromisos da axenda laranxa, como antesala para a Supercopa de España do 6 de setembro. O conxunto anfitrión, Kikck OFF C5 Milano, convertéuse no segundo finalista da 4Nations Futsal de Milán, tras impoñerse ao Budstar de Ucrania (2-1). Hoxe domingo 1 de setembro loitaba polo título fronte ao Pescados Rubén Burela FS ás 15.00 horas. Antes foi a pugna entre o terceiro e cuarto posto, Laguna Uor-Budstar (13.00 horas). Puídose seguir no Facebook de Divisione Calcio a Cinque.

“Tiñamos ganas de retos deste calibre, deste tipo de esixencia. Non sabemos ben o que nos imos atopar, pero creo que estamos preparadas para facer un bo papel ante rivais de gran entidade”, recoñecía a brasileira Cilene, facendo referencia aos outros participantes: Kick Off C5 Femminille, conxunto anfitrión gañador de Copa en Italia, MFC Lagoa-Uor Penza, triunfador en Rusia, e Budstar, segundo clasificado en Ucrania.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17694211006165