As grandes festas de San Paulo terán lugar en Sampaio, A Pontenova, os días 24 e 25

AMariñaXa
A organización do evento corre a cargo da Asociación de Veciños de Sampaio, que preparou un programa variado
festas-san-paulo-en-Sampaio-2025-pontenova
16 Jan 2025

As grandes festas de San Paulo 2025 terán lugar en Sampaio, A Pontenova, e prometen ser unha celebración chea de música, boa comida e tradición. A organización do evento corre a cargo da Asociación de Veciños de Sampaio, que preparou un programa variado para gozar en comunidade.

O venres 24 de xaneiro, a partir das 21.00 horas, celebrarase unha churrascada na antiga Escola de Sampaio. A velada estará animada pola música do DJ Bombardero, garantindo unha noite de diversión. O prezo da ración, que inclúe churrasco, chorizo e pan, será de 10 euros.

O sábado 25 de xaneiro comezará cunha misa ás 13.30 horas. De seguido, terá lugar a sesión vermú, amenizada pola artista Verónica Cambón, quen tamén será a encargada de poñer música á verbena que comezará ás 22.30 horas.

Os tíckets para participar na churrascada estarán dispoñibles no Restaurante San Briz e na Carnicería Cerdeira ata o 20 de xaneiro.

0.1601870059967