As gañadoras do 'Regala Nadal, Merca en Local' de Foz gozarán dunha tarde de compras
Unha tarde de compras, este vindeiro 26 decembro, para as persoas gañadoras da campaña 'Regala Nadal, Merca en Local', que tivo lugar hai uns días en Foz. O pasado 18 de decembro na Festa de Nadal celebrada en Foz dentro da campaña 'Regala en Nadal, Merca en Local', celebrouse o sorteo en directo de tres tarxetas prepago por valor total de 4.500 euros para gastar nunha xornada de compras nos establecementos asociados.
As agraciadas foron: Ángeles Agrelo Vila coa 'Tarxeta de 500 euros', a gastar nun mínimo de 3 establecementos; Tamara Suárez Peláez coa 'Tarxeta de 1.000 euros', a gastar nun mínimo de 5 establecemento; e Beatriz Lestegás Pacheco coa 'Tarxeta de 3.000 euros', a gastar nun mínimo de 8 establecementos.
A xornada de compras terá como punto de partida o Concello de Foz ás 16.30 horas do vindeiro xoves, 26 de decembro. As afortunadas estarán acompañadas do deputado provincial e alcalde de Foz, Fran Cajoto; José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA; e Luis Fernández, secretario xeral da Federación Galega de Comercio.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “o sorteo do pasado 18 de decembro culminará este xoves, día 26, coas compras nos establecementos asociados por parte das tres gañadoras das tarxetas prepago. Un total de 16 poderán ser os negocios que se beneficien, como mínimo, desta importante campaña, xa que as afortunadas terán que consumir eses cartos nun mínimo de tendas cada unha delas. Deste xeito o que facemos é dinamizar ao máximo posible o comercio de Foz nunha época tan importante como a do Nadal”.